A piques de morrer, subiu Moises ao monte Nebo e desde o alto puido albiscar a Terra Prometida. Esta páxina pretende ser como o Monte Nebo, un miradoiro desde onde albiscar unha ciberterra chea de software en galego.  Quer ilusionar e estimular aos galegos amantes da sua língua, mostrando-lles que é posibel comunicar-se cos computadores en galego, que dun xeito limitado xa se pode facer agora mesmo, e que non seria tan díficil termos un sistema operativo completo con unha morea de aplicacións falando galego.  A quen teña interese neste tema recomendo-lle que lea o artigo: Computadores galegófonos, se non o fixo xa.

    As seguintes imaxes son deborcados de tela ou pantalla con programas traducidos ao galego, clicando sobre elas aparecen as mesmas imaxes con maior tamaño e definición. Todos os programas son software libre, as 6 primeiras imaxes corresponden a um sistema GNU/Linux, e as 3 inferiores a software libre executando-se en MSWindows NT. Esta páxina non pretende ser nen muito menos unha recopilación de todo os software libre traducido ao galego, de feito só aparecen programas traducidos por min, e afortunadamente non son nen muito menos a única persoa a traducir programas ao galego.  Nesta outra páxina pode-se obter máis información sobre outro software traducido.

   Podera observar @ atent@ leitor/a que empreguei distintas normativas para a tradución dos programas. Isto reflicte o meu ecleticismo, mais serve tamén para pór de manifesto que o software libre é libre. Calquer persoa ten, entre outros, o direito de traduci-lo a língua que lle pete, e usando a normativa que considere máis conveniente de ser o caso. Seria bo que isto sirva en todo caso como estímulo, xerando unha san competéncia entre defensores das distintas normativas, e non dexenere nunha luita esterilizante, onde o principal sexa torpedear o traballo do contrário.
 
 
 
 
 
Entorno de xanelas XFCE. Na imaxe poden ver-se 3 xanelas de configuración do entorno, e o xestor de arquivos XFTree, que ven incluido no entorno.   Procesador de texto Pathetic Writer, e editor de animacións Egon, ambos parte da suite de oficina Siag, no entorno XFCE.   Folha de cálculo Siag, parte da suite do mesmo nome, xestor de arquivos Xfiler,  tamén da Siag e o xestor de fundos do XFCE.
Xestor de xanelas FVWM95, con AnotherLevel, e navegador Communicator. Procesador de documentos WYSIWYM Lyx, no FVWM95. O Lyx é algo semellante a un procesador de textos, mais non é un procesador de textos normal, é mellor. Editor de imaxes, GIMP, no FVWM95. O GIMP é um programa de edición de imaxes de calidade profesional. A imaxe orixinal do pinguin é de  Larry Ewing, eu só o galeguicei engadindo-lle a banda azul.
O Gimp executando-se en Windows NT
O Lyx executando-se en Windows NT. Poden-se ver o painel matemático e o correitor ortográfico. Infelizmente polo momento non hai nengun dicionário galego para ispell. O Fpide, entorno de desenvolvemento integrado para o Freepascal, executando-se en Windows NT.

Voltar á paxina inicial

Copyright © Ramón Flores                                                Última Actualización: 3 de Xaneiro do 2000