Papasol A TaiGa
IMPORTANTE !
 
Se vostede baixa o tradutor:
  1. Calque duas veces no ficheiro trad.exe e siga as instrucións do programa instalador
     
  2. Para executá-lo calque duas veces no ficheiro tradutor.exe
    (se non modificou o diretório de instalación estará en c:\archivos de programa\tradutor)
 
COMO INTRODUCIR E TRABALLAR CON DICIONÁRIOS PERSOAIS.
 
  1. Cousas para ter moito coidado:
    • non meta determinantes.
    • non meta verbos irregulares.
    • non reinstale a aplicación sen salvar antes os ficheiros xa metidos.
    • non meta verbos pouco usados pero que a sua primeira persoa de presente sexa un sustantivo moi usado: do verbo "manar" --> "yo mano". Se introduce o verbo manar xa moitas veces non dará atopado o sustantivo "mano"
       
  2. Se seleciona "engadir palabras ao dicionário persoal": aparece umha xanela onde introducir a palabra, o seu xénero, a palabra traducida, o seu xénero e o tipo de palabra, ao calcar sobre o botón "engadir palabra" terá umha palabra máis no seu dicionário persoal. Igual acontecerá para "engadir palabras ao dicionário temático".

    Permite meter ata 1000 palabras en cada un deles. Estes dicionários crean-se no directório onde teña instalado o tradutor (por exemplo c:\tradutor\persoal.txt). Se vostede quixese ter máis dun dicionário persoal ou temático o único que terá que facer será renomear o ficheiro con outro nome. Se quere ter vários dicionários de por exemplo: economia, filosofia, futebol, terá que i-los creando e despois renomea-los.

    En cada momento só poderá usar o que teña como nome "persoal.txt" e "tematico.txt". Cando coñeza o formato que necesita o tradutor pode resultar-lle máis rápido meter os datos direitamente nos ficheiros. Se reinstala a aplicación eliminará estes ficheiros, teña coidado de salva-los antes a outro nome se os quere conservar.
     
  3. Para que o tradutor use os dicionários persoal e temático teñen que estar marcadas as opcións de dicionários persoal e temático, a persoal xa ven marcada por defeito. Se non usa dicionários persoais ou temáticos desmarque esa opción e irá máis rápida a tradución. Teña coidado cos verbos, de momento só permite a entrada de verbos regulares, se introduz algun verbo semi-irregular probavelmente non detecte nada mais que as formas regulares. Os completamente irregulares pensamos que están todos metidos no dicionário habitual. Se mete un completamente irregular traducirá mal todas as formas.
     
  4. Se se enganou con algunha palabra entre no ficheiro correspondente (persoal.txt ou temático.txt) e elimine-a a man, a aplicación non contempla ainda o borrado.
 
ESTE TRADUTOR SÓ TRADUCE: PAXINAS WEB, ARQUIVOS DE WORD E ARQUIVOS SALVADOS COMO TEXTO.
 
  • Se traballa con outros procesadores de textos ten que facer unha cópia a tipo texto.
  • Se traballa con arquivos de Word (".doc") non corte as frases con retorno de carro, o tradutor poderia repetir as frases.
  • Se está a traducir un arquivo, a saída será outro arquivo co mesmo nome acabado en g.
    Exemplo: c:\tradutor\receita.doc deixa-o como c:\tradutor\receitag.doc
  1. Cliqué duas veces sobre o arquivo escollido.
  2. Cando saia a mensaxe de fin da traduzón, vostede xa terá o arquivo traducido no seu disco duro, volte a le-lo co seu procesador de textos.
  3. Se traduce un arquivo que non é tipo texto, a aplicación petará e dará un erro de "invalid procedure call" ou algumha cousa asi, ou sairán símbolos raros na tradución.
 
PARA TRABALLAR:
 
Escolla a opción desexada (texto - ficheiro - páxina web) e calque sobre o papasol.
 
TRADUCIR TEXTO.
 

Se desexa traducir texto: teclee a frase no cuadro de galego ou faga un cortar e pegar dende outro texto. Calque no botón "Traducir" e o texto traducido aparecerá no cuadro de español.

 
TRADUCIR FICHEIROS.
 

Ao calcar duas veces no ficheiro escollido aparecerá no campo de texto de ficheiro, clique sobre traducir e terá un ficheiro traducido co nome que aparece en "resultado en".

 
TRADUCIR PÁXINAS WEB.
 

Non se esqueza de non poñer a opción "saída marcada". Destragaria os códigos ".html"

Escreba o enderezo da páxina e clique en navegar isto fai que se cargue a páxina orixinal no internet explorer.

Ao finalizar a descarga clique en traducir, isto levará o seu tempiño, o programa ten que: traducir, copiar a tradución e presentar a páxina traducida.

Pensamos que lle pode ser máis rápido salvar a páxina como ficheiro htm e traduci-la coa opción de ficheiros.

En teoria deixará a páxina igual e traducirá o texto. Pode dar problemas, as causas máis frecuentes son:

  • calcar en traducir antes de descarregar completamente.
  • problemas coa conexión
  • paxinas con moitos frames

Todo isto evita-se traducindo a páxina salvada previamente como ficheiro.

 
SÓ TRADUCE BEN COUSAS CORRECTAMENTE ESCRITAS
 
  1. Non esqueza os acentos. Por exemplo: "Tú" pronome persoal leva acento en español, se vostede escrebe "tu tienes una casa" probablemente o programa interprete-o como posesivo e traduza "a tua tes unha casa". Igual para os verbos por exemplo "coméis" traducirá-o como "comedes", sen acento deixa-o igual. E atenzón aos ditongos, "prohíbe" leva acento. Coidado tamén co verbo haber: había, habéis ...
     
    Ás veces un acento non marca diferéncia, é igual escrever "traducía" que "traducia" os casos mais típicos en español son os pronomes persoais e o si afirmativo ("sí" en español) e por suposto todos os acentos diacríticos.
     
  2. Igual ocorre coa sintaxe. Normalmente recebemos textos en español que son leístas, por exemplo: "le llame y no estaba" aquí o tradutor dará unha solución horrorosa en galego "chamei-lle e non estaba" onde debería ser "chamei-no e non estaba". Outra construción que se usa mal en español é o infinitivo como imperativo, por exemplo: "comeros esas patatas" o tradutor verá-o como "infinitivo + pronome" e traducirá "comer-vos esas patacas" cando deberia ser "comede-vos esas patacas"
     
  3. Esta regla non se aplica sempre. Algo mal escrito pode acabar traducido. Por exemplo: "jugablemente" (que penso non existe) traducira-o como "xogavelmente".
 
UN TRADUTOR AUTOMATICO NON RESOLVE BEN TODOS OS CASOS.
 

O tradutor ten unha ortografia correcta e aforra-lle o traballo da escritura en textos grandes, pero despois necesitará unha revisón. Por exemplo en español non se pode distinguir un "se" reflexivo dun "se" pronome, por tanto o tradutor pode dar solucións equivocadas. Exemplos:

  • se lo digo ---> digo-llo (ben)
  • se lo come ---> come-llo (mal: debería ser come-o)
Se vostede lle ten cariño ao noso idioma non se esqueza de revisar o texto.

 
UN TRADUTOR AUTOMATICO EMPOBRECE O IDIOMA.
 
  1. Hai moitas palabras (e mais ainda expresións) que non teñen unha tradución directa ao español e outras que en español non se usan, por exemplo, unha expresión tan usada en galego como "non cho sei" nunca poderá aparecer nun texto traducido pois en español nunca din "no te lo sé".
  2. Mentras íamos introducindo o dicionário tiña mágoa da cantidade de palabras feitucas do galego que nunca aparecerian na tradución: nabiña, mádia leva!, ben deitache de ..., feituco, argallar, mancar, termar, armar, lusco e fusco,choer, facer-lle-lo,o infinitivo conxugado, etc... ás veces serán fallos nosos ao introducir palabras outras veces non ten solución (razonavel en tempo e mais complexidade).

Polo tanto insisto, se quere ter un texto mais enxebre dea-lle un repaso.

 
 
CARACTERÍSTICAS.
 
FALLOS COÑECIDOS.
 
  1. Non pon o artigo diante dos nomes proprios, pois non temos metido un dicionário de nomes proprios.
  2. Deixa o obxecto directo con a preposición "a"
  3. Con obxectos directos e indirectos terá moitos casos de incorreción, moitas veces por non ter maneira de distingui-los outras veces porque o texto orixinal será leista ou laista ou loista. Un caso típico é que o tradutor é cheista, sempre dá solución "che" para a terceira persoa e nunca "te".
  4. Algunhas poucas palabras (pero moi usadas) en español coinciden substantivo con forma verbal ("cojo" de coger e "cojo" de cojera, "cosa" de coser e "cosa" de obxecto, etc...) fixemos unha pequena distinción pero non foi posivel extendé-la a todos os casos. Igual pasa con "viste" de ver e "viste" de vestir.Polo tanto unha frase como "un cojo viste la muñequita" pode saír como "un apaño viche a bonequiña".
  5. O caso típico é non podermos distinguir a frase: "Las entregas ..." que pode dar duas solucións: "as entregas" ou "entrega-as".
  6. Na gramática que seguimos ("Nova gramática para a aprendizaxe da língua", 1988 Ed.Via Láctea) aparecen uns 12 casos de colocación do pronome átono, algúns casos non os pudemos meter, por exemplo a colocación por diante cando introduce a frase un advérbio de cantidade. Probavelmente aparezan na traduzón casos de mal orde dos pronomes.
  7. Non traduce todos os prefixos: "superlargo" non o dá atopado e deixa-o igual.
  8. Non recolle as novas normas do español: recoñece "píe" (de "piar") pero non "pie".
  9. "Pajarito" toma-o como diminutivo de "Pajar" e dá "Palleiriño" (isto pode pasar con máis diminutivos).
 
A PRIMEIRA EXECUCIÓN É MAIS LENTA
 

Unha vez executado pola primeira vez carrega todas as variáveis, e isto leva-lle o seu tempo. As seguintes traducións dentro da mesma execución van mais depresa. Os ficheiros Word van mais lentos que os de texto.

 
PROPIEDADES
 
  1. Ten un vocabulário de 7000 palabras e 2000 verbos, e 20 tipos de sufixos.
  2. Permite o uso de dous dicionários persoalizados de até mil palabras.
  3. Traduce 200 verbos irregulares de español, e todas as formas verbais, incluídas as compostas e as que teñen pronomes.
  4. Detecta a mudanza de xénero por sintagmas.
  5. Recolle o cámbio de situación dos pronomes.
  6. Detecta as perifrases de español: "ir a" e "estar + xerundio"
  7. Inclúe o artigo nos posesivos
  8. Fai as contraccións de: a, de, en , con e por.
  9. Inclúe algunhas locucións
 
OPCIÓNS.
 
  1. mínimos: opción por defeito. Tenta ser o máis standard posível. Da versión anterior trocaron-se por exemplo: mao por man, comei por comede e correio por correo.
  2. aproximación a máximos: dá saída "nh" e "lh" e "vel" e "çom" (é simplesmente unha substitución ortográfica, pode fallar nalgun caso) e o modelo de verbos.
  3. saída MARCADA: marcará con asteriscos as palabras non atopadas. Se o tradutor non dá atopado unha palabra deixa a palabra orixinal.
 
OPCIÓNS.
 
  1. mínimos: opción por defeito. Tenta ser o máis standard posível. Da versión anterior trocaron-se por exemplo: mao por man, comei por comede e correio por correo.
  2. aproximación a máximos: dá saída "nh" e "lh" e "vel" e "çom" (é simplesmente unha substitución ortográfica, pode fallar nalgun caso) e o modelo de verbos.
  3. saída MARCADA: marcará con asteriscos as palabras non atopadas. Se o tradutor non dá atopado unha palabra deixa a palabra orixinal.
 
HISTÓRIA.
 
  • versión actual 2.2: 28-01-2001 (corrección erros: tamaño documentos Word e ficheiros fora de diretórios)
  • versión 2.1: 02-01-2001 (revisión dicionário)
  • versión 2.0: 15-12-2000 (dicionário persoal, páxinas web direitamente)
  • versión 1.3: 21-3-2000 (pronomes átonos sempre detrás en infinitivos e xerundios)
  • versión 1.2: 17-3-2000 (ficheiros de Word)
  • versión 1.1: 9-3-2000 (menus)
  • versión 1.0: 1-3-2000 (inicial)
 
Un saúdo. A TaiGa
Voltar a páxina anterior