Make your own free website on Tripod.com
Prévio:  Piadas   Superior:  Capa   Próximo:  A praticar

 

 

  1. A escrita portuguesa usa o acento grave para marcar vogais subtónicas abertas:
    1. nas contraccións da preposición a coa forma feminina do artigo definido e co pronome demostrativo:
      1. a + a(s) -> à(s);
      2. a + aquele(s) -> àquele(s);    a + aquela(s) -> àquela(s),
      3. a + aquilo -> àquilo.
    2. nas contraccións da preposición para, na sua forma sincopada pra, con o(s) e a(s):
      1. pra + o(s) -> pròs
      2. pra + a(s) -> pràs
      Estas formas contractas non teñen moito uso na escrita, empregando-se para a representación da língua coloquial. Xa que en portugués coloquial, como en galego, a forma sincopada pra e as contraccións correspondentes teñen bastante uso.
  2.  

  3. Também -> tamén. En portugués escrebe-se sempre também (tamén), ainda que non sexa infrecuente a pronúncia á galega, i.e. tamém.
  4.  

  5. em -> -e/ -en. As palabras procedentes da terminación latina -$\breve{i}ne$, remataban en galego medieval en -e. Segundo as NOMIG(1997) estas palabras perderon a nasalidade e portanto deben ser escritas rematando en -e, entanto que o português conserva a nasalidade, que reflicte con un m final. Asi que de homem teriamos home. Porén, na normativa de mínimos aceitan-se as duas solucións: homen e home.
  6.  

  7. Água -> água / auga. En portugués escrebe-se sempre água, se ben non sexa descoñecida a forma popular auga. Aquenmiño as duas normativas referidas preferen a forma auga, mais tamén há zonas da Galiza nas que a forma tradicional é água.
  8.  

  9. Largo = amplo. Tanto en galego como en portugués o termo largo ($\neq$longo) significa amplo. Ainda que estexa moi espallado o castelanismo largo (= longo).
  10.  

  11. b e v. Non sempre coinciden o galego e o portugués no uso da b e a v. Asi por exemplo os adxectivos rematados en vel (bel), ou os imperfeitos rematados en ava (aba). Mais dado que os galegos non facemos distingos na fala entre ambas consoantes, isto non deberia resultar problema nengun.
  12.  

  13. Mais e mas. En portugués diferencia-se entre o advérbio de cantidade mais (máis) e a conxunción adversativa mas (mais). Ex:

    Chegou mais tarde das 12, mas chegou. (Chegou máis tarde das 12, mais chegou).

    Esta diferenza tamén se daba en galego, porén a presión do castelán fixo que nos últimos anos a conxunción adversativa mas fora praticamente sustituida polas formas pero (maioritária) e mais.
  14.  

  15. Sob -> sob/so. A propósito desta preposición din as NOMIG(1997):
    So. Esta preposición coñécese hoxe só en pequenas zonas do territorio galego, pero o seu uso na lingua antiga era moito maior. O portugués, por un criterio cultista, recuperou, cando menos na escritura, a consoante final latina; non hai razón ningunha para proceder do mesmo xeito en galego.

    Porén na normativa de mínimos prefire-se a forma sob.

  16.  

  17. -eio -> -eo / -eio. En portugués desfai-se o hiato das terminacións en eo, ea mediante a epéntese da vogal i, ex. ceia. En galego tamén se dá este fenómeno, mais non é xeral, i.e. ha zonas onde se di centeo, e outras onde se di centeio.
  18.  

  19. Pelo -> polo. En portugués a contracción da preposición por (por) e o artigo o (o) escrebe-se pelo (polo). Realmente tamén existe a forma polo, mais é considerada anticuada. O cal resulta un tanto paradoxal, asi no dicionário Porto Editora da língua portuguesa aparecen as seguintes definicións:
    • per, antiga forma da prep. por.
    • pelo, contracção da prep. per e a forma arcaica lo do artigo definido ou pron. dem. o, com o valor de por o.
    • polo, (ant.) contr. da preposiçao por e o art. ou pron. dem. arcaico lo, equivalente actualmente a pelo ou por o.
  20.  

  21. Grupo sc medial. Polo que se refere a conservación ou a desaparición do grupo latino sc, a normativa de mínimos segue o modelo do portugués, entanto a ILGA-RAG prefere o modelo do castelán.
    1. Nos cultismos ambas normativas prescreben conservar o grupo. Ex: adolescente, condescender, discernir, plebiscito ...
    2. Nas palabras patrimoniais a normativa de mínimos prescrebe conservar o grupo, e a ILGA-RAG reduci-lo a c. Ex: nascer (nacer), néscio (necio), crescer (crecer).
    Note-se que nas zonas seseantes este grupo é equivalente a ss, que se pronúncia como un s normal.
  22.  

  23. Coisa -> cousa. Ainda que en portugués pode se dicer tanto cousa como coisa, está última é con moito a forma mais usual na actualidade.
  24.  

  25. Criança = neno ou nena.
  26.  

  27. Tudo e todo. En portugués diferencia-se entre tudo e todo:
    • todo, adx. e pron. indef. inteiro; completo; íntegro; total; calquer; cada; o maior; s.m. conxunto; soma; universalidade; aspeito xeral.
    • tudo, pron. indef. inv. a totalidade das persoas ou cousas de que se trata; o esencial, o indispensábel.
  28.  

  29. Ele -> el. En portugués o pronome persoal masculino da terceira persoa escrebe-se: ele (el).
  30.  

  31. vocês -> vostés/vostedes. A tradución mais imediata de vocês é vostés / vostedes. Mais cumpre sinalar que en portugués voçê non é usualmente un tratamento de respeito. Asi no Brasil ten moito uso sendo equivalente a tu (tu/ti), praticamente desaparecido da língua popular, encanto que en Portugal soa despreciativo, i.e. tratar a alguén de você é considerá-lo inferior.
  32.  

  33. nenhum -> nengum. O pronome indefinido portugués nenhum corresponde-se coa forma galega nengun / ningun(mínimos/NOMIG).
  34.  

  35. Avô/avó. En portugués avô (avó) é masculino e avó (avó/avoa) feminino. Nas NOMIG(97) prescriben avoa, ainda sinalando que nalgunhas partes da Galiza a pronúncia tradicional coincide coa do portugués, i.e. diferencia-se o sexo dos devanceiros mediante a abertura da vogal. En mínimos consideran-se válidas as duas formas avoa e avó, mais ao non marcar a abertura das vogais o resultado na escrita resulta un tanto confuso.
  36.  

  37. Orfãzinhas. O portugués orfãzinhas corresponde-se en galego con orfiñas ou orfansiñas. Teño a impresión que a primeira forma, orfiñas, usa-se nas zonas ceceantes e a segunda, orfansiñas, nas seseantes.
  38.  

  39. Assim -> asi.
  40.  

  41. Dois -> dous. En portugués o número 2 pode dicer-se dois ou dous, mais a primeira forma é moito máis usual. A forma feminina duas (duas) é comun a galego e portugués.
  42.  

  43. ele herdou -> herdou-no. Un dos riscos mais característicos do portugués do Brasil, frente ao portugués de Portugal e o galego, é o non uso dos pronomes persoais como complemento directo ou indirecto. Asi entanto un galego di: o apelido herdou-no do pai, un brasileiro di: o sobrenome ele herdou do pai. (E un portugués diria: o apelido herdou-o do pai).
  44.  

  45. suas relações -> as suas relacións. En galego os pronomes posesivos: meu(s)/miña(s), teu(s)/tua(s) e seu(s)/sua(s), van antecedidos por o artigo na imensa maioria das veces. No portugués do Brasil o normal e usar os posesivos sen artigo prévio, encanto en Portugal fican a meio camiño, usan-nos ás veces, mais non sempre.
  46.  

  47. -> alá / . En portugués os advérbios de lugar alá, acá escreben-se sen o a inicial, i.e. e . No entanto aqui e acolá escreben-se como en galego. En realidade na Galiza as formas e non son descoñecidas, mais si minoritárias.
  48.  

  49. atuais -> actuais. No portugués do Brasil alguns grupos cultos ct, pt, entre outros, reduce-se a t.
  50.  

  51. duzentos -> ducentos/douscentos. Segundo as NOMIG(97):
    As formas tradicionais duzentos e trezentos na lingua moderna foron substituidas polas máis transparentes douscentos e trescentos.
    Porén no Dicionário da Língua Galega de I.A. Estravís, aparecen ambas formas (ducentos e douscentos) como válidas.
  52.  

  53. diminuição -> diminuizón/diminución. Se ben a regra 10.9 prescrebe substituir ção por ción, a normativa de mínimos recomenda utilizar a terminación zón cando precedida por i, i.e. ição -> izón. As NOMIG(97) pola sua banda prescreben usar sempre a terminación ción.
  54.  

  55. Sim -> si. O adverbio afirmativo si é en portugués sim.
  56.  

  57. Ova (ova) ten o mesmo significado primário en portugués que en galego, mais en portugués usa-se en expresións nas que en galego se utilizaria: o carallo, ou moitas veces o castelanismo un huevo.
  58.  

  59. Rabo (rabo). En portugués, e en galego, rabo ten como significado primário cauda, mais tamén ten un significado secundário: cu. Ainda que ultimamente na Galiza debido a presión do castelán o significado secundário que se está a impor é o de pene.
  60.  

  61. Copo, taza e cunca. En galego, usaban-se 3 recipientes distintos para beber: copo, sen pé nen asa para auga e viño, taza, con pé e sen asa para auga e viño, e cunca, sen pé e con asa para leite ou caldo. Mais coa presión do castelán o vaso, xa de vidro, desprazou ao copo, as tazas poden ser de viño (sen asas) ou de leite (con asas) e as cuncas xa só son de barro. En portugués segue-se a usar os copos, e as taças, mais en vez de cuncas usan chávenas ou xícaras.
  62.  

  63. Cara. Na linguaxe coloquial brasileira (um) cara ten o significado de (un) home. Por outra banda a cara= o rosto.
  64.  

  65. Jogar. Entre os múltiplos significados de jogar (xogar) conta-se o de atirar.
  66.  

  67. Cachorro. Ainda que en portugués existe o termo cão (can), é mais usual empregar o seu sinónimo cachorro.
  68.  

  69. Azar. En portugués azar denota a má sorte. Para a sorte neutra usa-se acaso, asi por acaso = fortuitamente.

     

    Formas verbais diverxentes en galego e portugués.

     

    Ainda que a maior parte dos sistemas verbais galego e portugués coinciden existen algunhas diferenzas, unhas pequenas e outras non tanto. Dada a brevidade deste curso non incluímos todas as formas diverxentes, senón tan só as que foron aparecendo nos exemplos. E lembramos que no dicionário en liña da Priberam permite conxugar os verbos portugueses.

  70.  

  71. Futuros. Das diverxéncias a mais chamativa dá-se nos futuros, xa que na conxugación pronominal portuguesa os pronomes van en posición mesolítica, i.e. dentro do verbo, e en galego en posición enclítica, i.e. detrás do verbo. Vexamos un exemplo:

    Comerás o caldo?. Comê-lo-ei. (Comerás o caldo?. Comerei-no).

    Na pergunta o verbo non vai acompañado dun pronome, e a forma verbal coincide en portugués e galego; comer + has -> comerás. Porén na contestación o verbo vai acompañado dun pronome: o, e entanto en galego a forma verba construi-se nas seguintes duas etapas:

    1. comer + hei -> comerei
    2. comerei + o -> comerei-no
    en portugués construi-se nestas outras duas:
    1. comer + o -> comê-lo
    2. comê-lo + hei -> comê-lo-ei
    Cumpre asinalar que na fala tanto en Portugal como sobre todo no Brasil a colocación mesoclítica do pronome é moi pouco frecuente. Mais ainda que na fala a solución galega sexa moito mais abundante, na escrita a única solución correcta é a colocación mesoclítica.
  72.  

  73. -am -> -on. En portugués a terceira persoa de plural do pretérito perfeito coincide con a terceira persoa de plural do ante-pretérito (ou pretérito mais que perfeito simples), ex. louvaram (louvaron) e louvaram (louvaran).
  74.  

  75. Foste -> Foche/fuches. En portugués a segunda persoa de singular do pretérito perfeito dos verbos ser e ir é foste, en galego a normativa de mínimos prescreben foche, entanto as NOMIG(97) prescreben fuches. Mais nas ditas NOMIG(97) di-se o seguinte:
    Fuches. No galego central e oriental a forma totalmente maioritaria é fuche(s), mentres que no galego occidental rexístranse as formas foste(s) e foche(s) con innovación na vocal radical.
  76.  

  77. Estais -> estades. En portugués a segunda persoa de plural do presente do verbo estar(estar) é: estais (estades).
  78.  

  79. Cuspi -> cuspin. En portugués a primeiras persoas de singular do pretérito perfeito dos verbos regulares da segunda e terceira conxugación rematan en i, encanto en galego rematan en in. Ex. comi (comin), cuspi (cuspin).
  80.  

  81. Têm (teñen/ten/tein) é a terceira persoa do plural do presente do verbo ter(ter), encanto a terceira persoa do singular é tem(ten), i.e. ambas persoas diferencian-se unicamente na abertura da vogal. Esta proximidade deu lugar en galego a aparición da forma analóxica teñen, que se espallou na maior parte da Galiza, convivindo coas formas mais tradicionais ten, con vogal fechada, e tein. Este fenómeno tamén ocorre en portugués, non sendo inusual na fala, que non na escrita, a forma tenhem.
  82.  

  83. Fizesse -> fixese/ficese. En galego moderno o pretérito perfeito e antepretérito de indicativo e o pretérito e futuro de subxuntivo do verbo facer pode construir-se a partir de dous radicais, fix- (fixen, fixera, fixese...) maioritário e fiz- (ficen, ficera, ficese...) minoritário. En portugués, como en galego medieval, usa-se o radical fiz-.
  84.  

  85. Faz (fai) é a terceira persoa de singular do presente do verbo fazer (facer).
  86.  

  87. Vêm (veñen/ven/vein) é a terceira persoa do plural do presente de indicativo do verbo vir (vir), encanto a terceira persoa do singular é vem (ven) i.e. ambas persoas diferencian-se unicamente na abertura da vogal. Esta proximidade deu lugar en galego a aparición da forma analóxica veñen, que se espallou na maior parte da Galiza, convivindo coas formas mais tradicionais ven, con vogal fechada, e vein. Este fenómeno tamén ocorre en portugués, non sendo inusual na fala, que non na escrita, a forma venhem.
  88.  

  89. Vieram -> viñeron. En portugués o pretérito do verbo vir conxuga-se: vim, viste, veio, viemos, viestes, vieram.
  90.  

  91. Houve -> houbo. En portugués as primeira e terceira persoas de singular do pretérito perfeito do verbo haver (haber) coinciden na forma houve (houben/houbo).
  92.  

  93. Traziam -> traian. A terceira persoa de plural do verbo trazer (traer) é traziam. En galego a forma mais usual é traian, se ben este verbo apresenta moitas variantes zonais.
  94.  

  95. Fazem (fan) é a terceira persoa de plural do presente do verbo fazer (facer).
  96.  

  97. Sou -> son. En portugués, sou (son) é a primeira persoa de singular do presente de indicativo do verbo ser.
  98.  

  99. -> vaia. En portugués o presente de subxuntivo do verbo ir conxuga-se: , vás, , vamos, vades e vam.
  100.  

  101. Contraccións. En portugués, como en galego, algunhas preposicións poden contrair-se con artigos, pronomes e advérbios. Algunhas destas contraccións reflecten-se sempre na escrita, por exemplo no (em + o), mais a maior parte delas son optativas de maneira que aparecen nalguns textos e noutros non, segundo o estilo persoal do autor. Sendo loxicamente algunhas mais frecuentes e outras menos. Asi por exemplo as contraccións coa (com + a) e dum (de + um), se ben correctas teñen unha frecuéncia menor no segundo caso, e moito menor no primeiro, que en galego. No seguinte cadro recollen-se todas as posíbeis contraccións admitidas nas gramáticas portuguesas.

 Preposicións
 adeemporcom
Artigos     
o(s)/a(s)ao(s)/à(s)do(s)/da(s)no(s)/na(s) pelo(s)/pela(s)co(s)/coa(s)
um/uns/uma(s)-dum/duns/duma(s)num/nuns/numa(s)--
Pronomes     
ele(s)/ela(s)-dele(s)/dela(s)nele(s)/nela(s)--
este(s)/esta(s)-deste(s)/desta(s)neste(s)/nesta(s) --
esse(s)/essa(s)-desse(s)/dessa(s)nesse(s)/nessa(s) --
isto/isso/aquiloàquilodisto/disso/daquilonisto/nisso/naquilo --
aquele(s)/aquela(s)àquele(s)/àquela(s)daquele(s)/daquela(s) naquele(s)/naquela(s)--
outro(s)/outra(s) doutro(s)/doutra(s)noutro(s)/noutra(s) --
outrem-doutremnoutrem--
estoutro(s)/estoutra(s)-destoutro(s)/destoutra(s) nestoutro(s)/nestoutras(s)--
aqueleoutro(s)/aqueleoutra(s)-daqueleoutro(s)/daqueloutra(s) naqueloutro(s)/naqueloutra(s)--
      
Advérbios     
aquém/além/algures/alhures-daquém/dalém/dalgures/dalhures ---
aí/ali/aqui-daí/dali/daqui---
ondeaondedonde---
acolá-dacolá---
algum/alguns/alguma(s)-dalgum/dalguns/dalguma(s) nalgum/nalguns/nalguma--
algo/alguém-dalgo/dalguém---

 
Prévio:  Piadas   Superior:  Capa   Próximo:  A praticar

 

José Ramom Flores d'as Seixas25-07-2004