Make your own free website on Tripod.com
Prévio:  Regras básicas de leitura Superior:  Capa   Próximo:  Violante Montesinos  

 

A continuación incluen-se unha série de textos en portugués, tanto en padrón lusitano como brasileiro, para praticar a leitura do portugués ao xeito galego. En cada un dos exemplos aparecen duas colunas, unha co texto original e outro en galego, tras aplicar-lle as normas vistas na sección anterior. Ademais marca-se a primeira vez que cumpre aplicar cada unha das normas anteriores, engandindo-se tamén notas exclarecedoras para axudar a compresión. Os exemplos son:

Sonetos

Que mellor para comezar a aplicar as regras vistas na sección anterior que a poesia. E xa postos por que conformar-se con algo inferior a perfección do soneto. Ou máis exactamente de 5 sonetos de distintos autores e épocas. Os catro primeiros foron tirados do Projecto Vercial, e o último do Projecto Poesia.

Contos do nascer da terra

Para o segundo exemplo utilizan-se textos do autor mozambiqueño Mia Couto, que non por seren en prosa deixan de encerraren moita poesia. Asi do seu libro: CONTOS DO NACER DA TERRA1, reproduce-se un breve mais fermoso limiar e o primeiro conto titulado O non desaparecimento de Maria Sombriña.

1 Mia Couto, Contos do Nascer da Terra, ed. Caminho, Lisboa (1997).

De onde veñen os sobrenomes dos brasileiros

Neste terceiro exemplo bota-se man dun artigo de Rachel Teixeira Valença aparecido no número 136 da revista en linha Ciência Hoje das Crianças, onde se explican a procedéncia dos apelidos (sobrenomes) brasileiros, e a sua orde.

Futuro político da península nas nosas mans

Unha boa razón para ler português, e inteirar-se de primeira man das opinións dos portugueses sobre os seus viciños. Para abrir boca inclue-se un artigo do general na reserva José Loureiro Dos Santos, aparecido no xornal portugués Público o 16 de Febreiro de 2004.

Nanotubos e a nova era do carbono

A continuación inclue-se a introdución, extensa, dun artigo de divulgación científica de Rodrigo B. Capaz e Hélio Chacham, publicado no número 198 de Ciência Hoje, outubro 2003. O artigo completo pode-se achar no site da revista en formato pdf.

Piadas

E para rematar con un sorriso reproducen-se unhas piadas (chistes) tiradas do site brasileiro Piadas On-Line. Se ben é o exemplo máis divertido, tamén é o máis dificil, pola linguaxe coloquial empregada. Mais contodo o senso das piadas pilla-se sen problemas.


 
Prévio:  Regras básicas de leitura Superior:  Capa   Próximo:  Violante Montesinos  

 
José Ramom Flores d'as Seixas2004-06-08