Make your own free website on Tripod.com
Prévio:  Teoria Superior:  Capa   Próximo:  Prática  

 

  1. O m final (de sílaba) pronuncia-se como un n final. Ex. bulam (bulan), cem (cen), comum (comun).

    Nem que me matem, nem que me fendam     Nen que me maten, nen que me fendan.
  2.  

  3. O dígrafo lh corresponde-se co dígrafo ll. Ex. orelha (orella), abelha (abella), colher (coller).

    Olhos e orelhas, melhor em parelhas     Ollos e orellas, mellor en parellas.

    Obs: o dígrafo ll le-se como l. Ten moi pouco uso, mais pode aparecer nalgunhas palabras que se senten estranxeiras como ballet (balet) ou nalgun termo científico como fullerenos (fulerenos).

  4.  

  5. O dígrafo nh corresponde-se coa letra ñ. Ex. unha (uña), caminho (camiño), morrinhento (morriñento).

    Castanhas e vinho, acarinham o focinho     Castañas e viño, acariñan o fociño.

    Obs: Devido ao uso da letra h como auxiliar nos dígrafos lh e nh, esta letra non se usa no interior das palabras, excepto cando facendo parte dun dos dous dígrafos ditos. Usa-se porén ao início de palabra, asi por exemplo escrebe-se habitar e desabitar.

  6.  

  7. O artigo indeterminado feminino escrebe-se en portugués uma (unha), contraindo-se coas preposición em (en) e de (de) para dar lugar a numa (nunha) e duma (dunha).

    Uma unha de galinha e uma raspa de farinha,
    nunca encheram a cocinha.
       Unha uña de galiña e unha raspa de fariña,
    nunca encheron$ a cociña.

    $ Vexa-se a nota -am -> -on

  8.  

  9. A letra j le-se como x. Ex. jamais (xamais), jeito (xeito), igrejinha (igrexiña), jogo (xogo), Julho (Xullo).

    Bocejou, e o seu queixo, furado como
    um queijo "gruyere", branquejou com
    a espuma da cerveja.
      Bocexou, e o seu queixo, furado como
    un queixo "gruyere", branquexou coa#
    espuma da cervexa.

    # Vexa-se a nota sobre contraccións.

  10.  

  11. A letra g corresponde a dous sons diferentes:
    1. Diante de a, o, u, r, e l, pronuncia-se igual que en galego. Ex. galo (galo), agoirar (agoirar), gume (gume), agre (agre), glóbulo (glóbulo).
    2. Diante de e e i le-se como x. Ex. geral (xeral), biologia (bioloxia).

    Obs: o u de gu non se pronuncia xeralmente se for seguido de e ou i, ex. salgueiro (salgueiro), águia (águia), mais existen algunhas excepcións nos que si se pronuncia. Nestes casos o padrón brasileiro utiliza o trema, mais o portugués non. Ex.

    BrasileiroPortuguésGalego
    lingüista linguista lingüista
    pingüim pinguim pingüin
  12.  

  13. A letra ç le-se como z. Ex. cabeçalho (cabezallo), preço (prezo), beiçudo (beizudo).

    Obs: En portugués a letra z pode aparecer diante de e, i mantendo a etimoloxia da palabra, ex luzes (luces), nazista (nacista).

    Dos doze meses, tu dezembro foste
    o mais doce de todos aquele ano.
    Os beijos, os abraços e até o engano
    cairam sobre mim como uma hoste.
      Dos doce meses, tu decembro foste@
    o máis doce de todos aquel ano.
    Os beixos, os abrazos e até o engano
    cairon sobre min como unha hoste.

    @ Vexa-se a nota Foste -> Foche/fuches.

  14.  

  15. O s duplo, ss, pronuncia-se como un s normal. Ex. assassino (asasino), coubesse (coubese), vassoira (vasoira), sanguessuga (sanguesuga).

    Nossa escaseza, vossa riqueza!     Nosa escaseza, vosa riqueza!

  16.  

  17. En portugués o dígrafo qu pode aparecer diante das vogais: a, e, i, o. Ex. quadro (cadro), alambique (alambique), alquimia (alquimia) e oblíquo (oblícuo). Para le-lo ao xeito galego utilizaremos loxicamente a pronúncia a que estexamos afeitos.
    1. Diante da vogal o pronuncia-se sempre o u, ex. ubíquo (ubícuo), aquoso (acuoso).
    2. Diante das vogais e, i case nunca se pronuncia o u, ex. que (que), aquilo (aquilo).
    3. Diante da vogal a o dígrafo pode-se ler como c ou como cu. Asi nos cultismos le-se como cu, ex. qualificar (cualificar), entanto nas voces patrimoniais le-se como c, ex. quando (cando). Contodo cumpre sinalar que ha amplas zonas da Galiza onde a pronúncia tradicional das voces patrimoniais é cu, ex. cuando, cuanto, ...

    Obs: En portugués diante de a e o pronuncia-se sempre o u, entanto que diante de e, e i usualmente non se pronuncia, mais nalguns poucos casos si, ex. frequente (frecuente), aquífero (acuífero), ...

  18.  

  19. Na escrita portuguesa o til (~) marca a nasalazón da vogal ou ditongo sobre o que recai, sendo usado nas seguintes terminacións; no singular: ã, ão, ãe, õe e no plural: ãs, ãos, ães, ões.
    1. ã -> á. Ex. maçã (mazá), (). Cumpre salientar que ha amplas zonas da Galiza onde a pronúncia tradicional é nasalada, o cal se pode reflectir na escrita con un n, ex. mazán ou lán.
    2. ãs -> ás. Ex. maçãs (mazás/mazáns), manhãs (mañás/mañáns).
    3. ãe -> ai. Só coñezo duas palabras rematadas neste ditongo, mãe (mai) e mamãe (mamai).
    4. ães -> áns. Ex. cães (cáns), alemães (alemáns).
    5. õe -> ón. Ex. supõe (supón). Esta terminación só aparece nas terceiras persoas de singular do presente de indicativo do verbo pôr (pór) e derivados. Note-se que no galego oriental a forma tradicional é oi (poi, supoi, ...).
    6. õem -> oñen. Ex. põem (poñen). Esta terminación só aparece nas terceiras persoas de plural do presente de indicativo do verbo pôr (pór) e derivados. Note-se que no galego oriental a forma tradicional é oim (poim, supoim, ...).
    7. ões -> óns. Ex. torrões (torróns), arranhões (arrañóns). Esta terminación ten distintas pronúncias tradicionais na Galiza, dependendo da zona, asi ten-se ós, óns, ois e õis (torrós/torróns/torrois/torrõis). Utilice-se pois a pronúncia a que un estexa afeito.
    8. ão -> ón, án, o. Un dos trazos máis característicos do portugués é o ditongo ão. A razón de existiren tantos termos rematados neste ditongo é que nel confluíron 3 terminacións en princípio (i.e. en galego-portugués) distintas: om, am, e ao. Contodo no plural continuan-se a diferenciar as terminacións orixinais. Asi ten-se:
      1. ão -> ões || ón -> óns. Ex. leão (león) -> leões(leóns).
      2. ão -> ães || án -> áns. Ex. capitão (capitán) -> capitães (capitáns).
      3. ão -> ãos || án/ao -> áns/aos. Ex. mão (man/mao) -> mãos (mans/maos).
      • Nas poucas voces en que o ditongo é átono corresponde-se en galego con o. Ex. orfão (orfo).
    9. ção, ções -> ción, cións. Cando os ditongos ão, ões veñen precedidos de ç, a terminación le-se ción e cións respectivamente, ex. terminação (terminación), terminações (terminacións); agás nuns poucos casos onde debe ler-se zón, zóns, ex. ligação, ligações (ligazón, ligazóns).
  20.  

  21. Contrariamente do que ocorre na escrita galega, na portuguesa marca-se o grau de abertura das vogais tónicas. O acento agudo marca as vogais abertas, ex. área (área), cheminé (cheminé), cócoras (cócoras) e o acento circunflexo marca as vogais fechadas, ex. abundância (abundáncia), português (portugués), serôdio (seródio). Por outra banda usa-se o acento grave para marcar vogais subtónicas abertas nalgunhas contraccións da preposición a, ex. a+ a(s) -> à(s). Vexa-se a nota sobre o acento grave.

 
Prévio:  Teoria Superior:  Capa   Próximo:  Prática  

 
José Ramom Flores d'as Seixas25-07-2004