Prévio: Apresentación | Superior: Capa | Próximo: Regras básicas |
Galego, que galego?Se en portugués ha dous padróns de escrita diferentes, tampouco está falto o galego deles1. Á hora de escreber este curso considerei as 3 normativas que eu coñezo, por orde de aparición: descartando rapidamente esta última por considerar que se unha persoa está afeita a empregá-la, non precisa deste curso. Das outras duas opcións decidin-me finalmente polos mínimos por, entre outras razóns, coñecé-la mellor e contar con un corrector ortográfico libre. Contodo, as normativas de mínimos e a do ILG-RAG son moi semellantes; as diferenzas existentes non empecen moito a leitura, se ben teñen bastante importáncia á hora de escreber correctamente. Por outra banda nas explicacións que se dan para a compresión dos textos, cando as prescrizóns diferen fai-se referéncia a ambas as normativas. E fai-se isto máis por completude que por necesidade estrita para a comprensión dos mesmos. A seguir apresenta-se as duas diferenzas5 mais notórias entre as normativas de mínimos e do ILG-RAG, xa que teñen unha certa importáncia para a comprensión do portugués, principalmente a primeira.
Uso do trazo.
Uso dos acentos.(Esta epígrafe non é imprescindíbel, ainda que si recomendábel, para seguir o curso). A normativa de mínimos utiliza basicamente o sistema portugués, encanto a normativa ILGA-RAG o sistema castelán, diferenciando-se nos seguintes pontos:
1 Cousa por outra banda moi comprensíbel dada a sua história e situación actual. 2 Por normativa de mínimos ou dos mínimos coñecen-se as Normas Ortográficas do Idioma Galego, elaboradas por unha comisión lingüística nomeada pola Xunta de Galicia en 1981. O dito documento é moi breve, mais a normativa de mínimos aparece explicada máis polo miudo na Nova Gramática para aprendizaxe da língua, obra de X. X. Costa Casas, M. A. González Refoxo, C. C. Morán Fraga e X. C. Rábade Castiñeira, editada por Via Láctea no ano 1988. Por outra banda esta normativa é a seguida no Dicionário da Língua Galega, de I.A. Estravís, editado por Sotelo Blanco en 1995. 3 Instituto Galego da Lingua e Real Academia Galega. Esta normativa, tamén coñecida por oficial, recolle-se nas Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, cuxa primeira edición é de outubro de 1982. Á hora de escreber este curso tomou-se como base a edición do ano 1997, NOMIG(1997). Se ben que no ano 2003 estas normas sofresen unha reforma dunha certa entidade na parte morfolóxica, na parte ortográfica as variacións foron mínimas. 4 Associaçom Galega da Língua. A sua normativa recolle-se no seu Prontuário ortográfico galego, do ano 1985. 5 Pode-se ver unha comparativa moito máis completa no site da Questione della lingua |
Prévio: Apresentación | Superior: Capa | Próximo: Regras básicas |
José Ramom Flores d'as Seixas | 25-07-2004 |