Make your own free website on Tripod.com
Prévio:  Capa Superior:  Indice   Próximo:  Teoria  

 

Galego e portugués, línguas irmás?

Se ben resulta habitual escoitar ou ler que o galego e o portugués son línguas moi próximas, cando non directamente que son a mesma língua, o certo é que cando un galego que nunca estudou portugués quer ler un texto nesa língua, ten dificuldades e dá-lle a impresión de estar ante unha escrita moito máis estraña do que a devandita proximidade faria supor.

A razón principal desta estrañeza é usaren ambas as línguas unhas convencións ortográficas diferentes, que mascaran a proximidade real. Asi por exemplo palabras como:

milhomillo   joelhoxoello
unhauña  azenhaaceña
vizinhoviciño  passageiropasaxeiro
carvalhocarballo  justiçaxustiza

teñen o mesmo significado e a mesma pronúncia (ou moi similar) en galego e en portugués, mais escreben-se diferentemente.

Ler portugués ao xeito galego

O que se pretende neste breve curso é mostrar como superar a barreira constituída por estas diferenzas ortográficas, e aprender a ler o portugués ao xeito galego. E que se quer dicer con "ler portugués ao xeito galego"?. Pois nen máis nen menos que lé-lo coa pronúncia galega, sen esforzar-se o mais mínimo en tentar reproducir a pronúncia portuguesa estándar. Descobrirá asi o leitor/a que con pouco esforzo pode ler portugués. Evidentemente achará termos e expresións que descoñece, ou usa con diferentes significados, mais non tantos que impidan normalmente a comprensión do texto. En todo caso a consulta de un dicionário solucionará a maior parte dos atrancos. Probe-se por exemplo co dicionário en liña da Priberam. Dicionário moi útil, que ademais de definir as palabras portuguesas, inclui un corrector ortográfico e un conxugador de verbos.

Pode obxectar-se, e con razón, non existir unha única pronúncia galega, senón várias. Mais evidentemente cada leitor/a ten a sua própria, correspondendo a sua zona de orixe e história persoal. O obxectivo é precisamente aprender a ler o portugués coa pronúncia que cada un usa para falar galego, sen a máis mínima variación. Ou se preferir, aprender a interpretar a escrita portuguesa sen ter en conta a sua realización oral. E el é que tras afacer-se un pouco a ler portugués, en voz baixa, un xa non se preocupa o máis mínimo pola pronúncia.

Outra obxección que pode facer-se é existiren dous padróns diferentes da escrita portuguesa: o portugués e o brasileiro. Porén, as diferenzas ortográficas entre ambos son mínimas; redución ou non dos grupos cultos -ct (acto/ato), e diferenzas nalguns casos pontuais canto ao uso de acentos marcando aberturas vocálicas (António/Antônio). De maneira que tais diferenzas non constituen nengun atranco sério para este curso.

Estrutura do curso

Este curso consta, ademais desta apresentación, de 3 partes: Teoria, Prática e Complementos. Na primeira dan-se as explicacións teóricas pertinentes para ler o portugués ao xeito galego. A seguir incluen-se 6 exemplos, sinalando como lles aplicar as ditas regras. Ademais, para facilitar a comprensión do texto incluen-se notas esclarecedoras ao mesmo. Notas que se recollen todas xuntas na última parte, xunto con unha listaxe de sites recomendados para o leitor praticar a leitura de portugués.

Código de cores

Para facilitar o seguimento do curso emprega-se o seguinte código de cores:

  • usa-se o verde para as formas en portugués.
  • usa-se o cian para as formas en galego.
  • usa-se o vermello para salientar letras ou dígrafos no texto, e sinalar castelanismos.

 
Prévio:  Capa Superior:  Indice   Próximo:  Teoria  

 
José Ramom Flores d'as Seixas25-07-2004